
Borja Verea converterá San Lázaro nun barrio referente para Santiago ao construír na zona a Cidade do Deporte
O candidato popular á alcaldía, Borja Verea, destacou que este será un dos seus proxectos máis ambiciosos, unhas instalacións que contarán con dous campos de fútbol, ximnasio e un edificio multiusos, onde se poderán practicar distintas disciplinas e que estará situado na contorna do actual Estadio Verónica Boquete.