O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, denunciou a chapuza do Concello na actuación do río Sar, que, en lugar de limpalo o que fixeron é remover os restos a amontealo á beira do río.
Así, tralas queixas dos veciños polo desleixo do goberno municipal que provocou inundacións en vivendas ao seu paso por Conxo ante a falta de limpeza fluvial, enviaron unha brigada para “pasar o trámite” que, en lugar de limpar o río, limitouse a remover e xuntar toda a rallamada, follas e incluso troncos de gran tamaño ao longo do cauce. Unha actuación, denunciou o concelleiro popular, coa que, cando cheguen as primeiras chuvias, a propia auga se encargará de devolver os restos ao río, e volverán a taponar pontes e zonas de árbores caídos, o que inevitablemente provocará de novo inundacións”.
Neste senso, para De la Fuente, a falta de empatía cos afectados polo asolagamentos non pode ser maior, “o Concello actúa tarde e mal, tratando de dar apariencia de interese polo problema pero sen levar a cabo actuacións reais, un teatro que non impedirá futuras inundacións, co prexuízo que iso supón para os veciños nas súas propiedades”. Ademais, engadiu, non só non recolleron os restos de maleza, senón que nin sequera retiraron o lixo, deixando restos de plásticos amonteados coas follas e polas; un sinal máis do desinterese que envolve a xestión deste goberno.
O edil insistiu en que “non parece moi efectivo remover e xuntar restos de podas e ramallada nas terrazas fluviais ou en zonas de inundación, dado que é inevitable que cando cheguen as primeiras crecidas do río polas chuvias, levaranse consigo eses restos que, incorporados ao caudal, volverán a provocar inundacións”.
Por iso, urxiu ao concello a que complete a tarefa iniciada e proceda a retirar canto antes os restos de podas e limpezas abandonados na propia beira do río, e faga un seguemento regular do estado do cauce para evitar que as chuvias que chegan hoxe volvan provocar inundacións en vivendas.