O Partido Popular de Santiago esíxelle ao Goberno do BNG que aumente a partida orzamentaria dos ‘Bonos Corazón’ para equiparalos, polo menos, ao ano anterior; propón tamén a creación de Bono Corazón Comercio e outro Bono Corazón para a hostalería, con orzamentos propios para cada un; e reclama a escoita activa, que agora non existe, por parte do Goberno nacionalista cos comerciantes e hostaleiros, porque eles son os que mellor coñecen as necesidades dos seus sectores.

Olaya Otero e Borja Rubio ofreceron hoxe unha rolda de prensa na que denunciaron tamén os “problemas” que ten o Goberno da Sra. Sanmartín para xestionar unhas axudas e o “fácil” que lles resulta desviar partidas de cartos dun departamento cara outro sen máis explicacións, como acaba de pasar co desvío de 100.000 € da concellería de Deportes a saber a onde; ou a contratar numerosos altos cargos.

Os populares manifestaron a súa preocupación en relación coa nova convocatoria dos ‘Bonos Corazón, pola drástica redución do orzamento do programa, xa que se pasa dunha edición cun orzamento de 1,2 millóns de euros e cun impacto de máis 3 de M € de inxección directa ao noso comercio, hostalería e familias, a contar este ano con apenas 400.000 euros.

“A decisión de reducir o orzamento dedicado a estes bonos nesta convocatoria, en relación a outras edicións, limita a capacidade para acadar o principal obxectivo do programa, que pretende: incentivar as vendas no comercio e a hostalería, ademais de beneficiar as familias”, concretaron.

“Xa sabemos o que vai responder o Goberno do BNG: que subiron a partida que lles deixou o Psoe, efectivamente, pasouse de 200.000 a 400.000. O problema é que o grupo de Goberno debe pensar que somos tontos e que non poden facer uns orzamentos en condicións para os bonos.

É evidente que a cantidade destinada é totalmente insuficiente, o que suporá que o número de persoas que poidan acceder aos beneficios dos bonos sexa moito máis reducido e, polo tanto, o alcance do programa será moito menor”, agregaron.

Para os concelleiros do PP, se deberían considerar medidas adicionais para aumentar o investimento nestes piares fundamentais da nosa cidade, xa que, de non ser así, como podemos asegurarnos de que o apoio brindado aos nosos negocios locais e á veciñanza sexa suficiente para garantir a súa supervivencia.

Diferenciación nos ‘Bonos Corazón’

Cabe sinalar, que estas axudas están destinados ao consumo tanto en hostalería como o comercio de maneira indistinta, polo que non se ten en conta que non todos os sectores teñen as mesmas necesidades. Neste momento, “cun orzamento tan limitado, córrese o risco de que un dos sectores quede relegado a unha posición residual, porque non hai nada que garante que non se dedique a maioría dos bonos á hostaleira e quede o comercio fóra ou que sexa ao revés, que a hostaleira reciba unha cantidade residual dos bonos”, subliñaron.

Os populares destacaron que é imprescindible garantir un reparto xusto, polo que, como xa dixemos, “nós propoñemos a distinción entre o comercio e a hostalería con bonos específicos para cada sector, que poderían distribuírse en diferentes momentos do ano, sempre consensuado con eles por suposto, o que permitiría un enfoque máis específico e efectivo”..

Compostela é coñecida pola súa rica tradición cultural, a súa escena de comercio local e a súa vibrante hostalería e a iniciativa “Bonos Corazón” foi unha resposta ben intencionada para apoiar estes sectores esenciais.

A orixe destas axudas atopábase enmarcada no escenario da crise económica derivada da Covid-19 e pese a que a maioría das consecuencias da mesma parecen estar superadas pero, na actualidade, o comercio, a hostalería e as familias santiaguesas teñen que facer fronte a outras dificultades, derivadas do alto nivel de inflación e o aumento do IPC.

Non podemos esquecer, que a situación descrita provoca un aumento nos gastos xerais dos negocios (alugueiro, luz, auga, transporte, etc), o que dificulta as posibilidades de supervivencia dos establecementos tradicionais que levan anos nunha situación delicada, pois é constante o seu peche, basta dar un paseo por rúas como Dr. Teixeiro ou Alfredo Brañas no Ensanche; ou Caldeirería ou o Preguntoiro, na Zona Vella onde cada vez hai mais locais comerciais baleiros.

Por elo, a situación económica xeral, debe ser considera á hora de avaliar a necesidade de manter e adaptar medidas de apoio ao comercio, como a que estamos a tratar.