O Partido Popular de Santiago destacou que o Orzamento 2024 non son as contas dos populares, posto que non recollen as propostas que definen o noso modelo de cidade, completamente, diferente ao modelo “tripartito”, formado por BNG, CA e PSOE. A concelleira. Rosario Ferreiro, asegurou que “esperábamos uns orzamentos máis ambiciosos para esta cidade, pero os proxectos son decepcionantes e continuistas”.

Para a popular, esta non é a Compostela que nós defendemos, nós traballamos para acadar un Santiago máis amable, más familiar e aberto ao mundo, porque está claro que co goberno do BNG, “Santiago non funciona”.

Ferreiro sinalou que “o verdadeiro debate non é o da aprobación dos orzamentos, senón o da súa execución, porque o documento que nos presentan non é máis que unha declaración de intencións que despois se ve suxeita a múltiples modificacións e a incumprimentos”. “Deste o noso grupo estaremos alerta para esixir ademais dunha boa execución, que se faga unha rendición detallada das contas que finalmente se aproben”, remarcou.

O orzamentos do PP priorizarían actuacións que terían como primeiro foco a vivenda, coa posta en marcha dun Bono Vivenda, que permita mobilizar centros de inmobles baleiros; así como un programa de créditos brandos, en colaboración público-privada, que permitan despregar unha estratexia global de rehabilitación. Así, co mesmo orzamento co que eles pretenden comprar 2 ou 3 pisos, nós mobilizaríamos 300 vivendas baleiras.

No eido da mobilidade, a infraestrutura máis urxente que necesita o Concello é poñer en marcha xa o aparcadoiro e a humanización do hospital Clínico, polo tanto, nas nosas propostas aparecería unha partida destinada ao cofinazamento da maior transformación da Choupana nos últimos 25 anos.

Ademais, da creación dunha gran praza e espazo comunitario que una o parque de Belvís coa cidade, a través, por suposto, do derrubo da Casa da Xuventude, cuestión, por certo, da que nada se sabe nas contas do BNG, o que nos fai supoñer que renunciaron a elo, polo que facelo público ou dar unha explicación.

Durante a súa intervención, Rosario Ferreiro remarcou que no campo do Turismo non se pode ter unha política de turismo 100% compostelán sen recursos, se estamos 6 meses falando de cambiar o modelo, o que non pode ser é que nos primeiros Orzamentos non exista un só euro máis para as políticas de turismo e INCOLSA.

“Contrataron un manual de disciplina e agora xa a vivir do conto”, pero o modelo de cidade do Partido Popular de Santiago contempla unha política de turismo propia con máis recursos.

Unha política social sen ambición

Se falamos de política social, estas son unhas contas sen ambición, só propoñen pequenas subidas a determinadas entidades sociais, mentres que nós propoñemos duplicar as cantidades que na actualidade perciben ditas institucións, que están a facer un traballo espectacular. Igual que poñeríamos en marcha un programa de Lavandería no Fogar.

A popular tamén amosou a súa sorpresa pola redución da partida de comedores escolares, “o noso modelo pasa por unha xestión de cociñas de cercanía, para atender a todas as escolas compostelás”, ademais, “engadiu nós poñeríamos en funcionamento, de forma urxente e inmediata, o servizo de madrugadores e comedores nas escolas unitarias de Laraño, Marrozos e O Eixo”.

Outras das propostas do Partido Popular de Santiago inclúen a posta en marcha dunha Estratexia de saúde mental na xente nova.

En relación ás instalacións deportivas, “no noso primeiro Orzamento estará un programa de rehabilitación a catro anos do Estadio de San Lázaro, non se entende como non hai absolutamente nada cando, directamente, se cae a anacos”. Nada hai tampouco para a nova piscina e pavillón de Santa Marta, algo prioritario, así como a creación da nova cidade deportiva de San Lázaro, coa construción de dous campos de fútbol, que deberían iniciarse neste mesmo mandato.

No eido da Industria, pa o Partido Popular de Santiago hai dúas medidas irrenunciables, como é a creación da oficina Santiago Inviste e un Fondo de investimento innovadores, pero diso nada atopamos neste orzamento. Tamén é fundamental unha partida para iniciar os trámites para a adquisición da Sala Yago e o Pazo dos Irlandeses, posto que hai patrimonio emblemático que ten que ir, pouco a pouco, sumándose ao patrimonio municipal.

Durante a súa comparecencia, Rosario Ferreiro insistiu en que o PP plantexa un modelo diferente ao dos nacionalista, cos seus socios socialistas, cunhas contas “decepcionantes e desequilibradas”, unhas contas que materializan “ese exercito de asesores e altos cargos, que pasan de 6 a 14 persoas,” que teñen contratados e que se incrementará neste ano, co “apoio do PSdG”.

“Vemos que sobran os cartos para os asesores, pero para reforzar a Policía local só propoñen dous novos policías locais, polo que se ve claramente o modelo do “tripartito, fronte ao modelo de futuro do Partido Popular, que aposta por máis xestión e menos asesores, mentres que eles apostan por ideoloxía radical e por contratar a amigos a dedo”, concluíu.