A concelleira do Partido Popular, Nerea Barcia, denunciou hoxe o estado de abandono do núcleo de Moas de Abaixo, na parroquia de Figueiras, onde a falla de mantemento e limpeza das canalizacións de auga están a provocar o seu tamponamento durante os episodios de choiva e en consecuencia incidencias en distintas zonas do lugar.
Para Barcia resulta “inconcebible” que en dúas lexislaturas non fosen quen de arranxar o problema destes veciños e pregúntase se o BNG seguirá o mesmo camiño que os seus socios de CA e PSOE, porque o certo é que despois de nove meses a situación continúa igual.
Nese senso lamentou que a deixadez do BNG chegue ata o punto de que sexan os propios veciños os que se ven na obriga de limpar, por tramos, para non avance mais a problemática, tendo ademais que arranxar eles mesmos a única pista de acceso as súas vivendas, unha senda que se atopa chea de fochancas e de herbas.
“O Concello só limpa ata a entrada do camiño, polo que son os veciños coas súas propias ferramentas os que rematan coa limpeza e arranxo de fochancas tamén para evitar asolagamentos e poder transitar cos seus vehículos, a pesar de pagar os mesmos impostos que o resto de habitantes de Santiago”, destacou.